Por fin despois de 35 anos temos una nova normativa do pan aprobada polo Consello de Ministros que entrou en vigor o pasado 1 de Xullo.

Entre os obxetivos da lei está o asegurar un alto nivel de calidade do pan e mellorar a información que reciben os consumidores.

A principal novedade de esta nova lei é garantir que os pans integrais estean elaborados con fariña 100% integral.

Outra das novedades e a concretización da definición de Masa Nai ou fermento, os pans así catalogados terán como mínimo un 5% de Masa Nai e como moito un 0,2% de lévedo de panadaría.

Esperamos que esta lei contente tanto os nosos panadeiros artesans que con tanto mimo elaboran os seus saborosos e nutritivos pans coma os seus clientes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *